Xubín, Isaac

isaac-xubin-nuria-massot
Xubín, Isaac

(A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega.

Como narrador publicou obras de relato curto: Château Bobcat e Le pied de Julien DuPuy, ambos os dous primeiro premio do certame Os Viadutos; e de novela: Non hai outro camiño (Xerais, 2016), Premio da crítica Española.

Como poeta ten publicado coleccións, entre as que cómpre salientar Con gume de folla húmida (Sotelo Blanco, 2012), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, e A cadencia da fractura (Xerais, 2017), Premio Manuel Lueiro Ray.

Como tradutor, profesor e investigador elaborou un dicionario bilingüe galego-éuscaro e foi lector de lingua e cultura galegas na Universidade Nacional de Irlanda (University College Cork). Tamén publicou traducións, entre as que destacan Sete poemas vascos e Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, polas que gañou os premios Lois Tobío (2013) e Etxepare (2015) respectivamente.

As súas obras

Os largos e longos campos de liño azul
os-largos-e-longos-campos-de-linho-azul
20.00€ CON IVE
Xenealoxía dun intruso
9788491514459
10.70€ CON IVE