viaxes

17,50€

mercar

Viaxes no scriptorium

Paul Auster

Publícase simultaneamente en varias linguas europeas, entre elas o galego, a nova novela de Paul Auster. En Viaxes no scriptorium, o autor galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras 2006 dá unha nova volta de rosca a súa recoñecida e esixente obra literaria e sitúa aos lectores nun ámbito no que imaxinación, linguaxe e ficción constitúen os eixes dun personaxe sen lembranzas.

Despois do éxito de Brooklyn Follies, Paul Auster volve cunha novela que sorprende xa desde o comezo: un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Ao espertar non ten lembranzas, non sabe se pode saír ou non. Arredor del apenas hai obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro moreas de follas de papel e etiquetas cunha palabra escrita a man. Velaquí o punto de partida da nova proposta narrativa do escritor norteamericano.

Nesta novela, Paul Auster reflexiona, desde a ficción narrativa, sobre as pantasmas da creación, mesmo incorporando ou rescatando personaxes doutras obras anteriores súas. Unha viaxe interior que é, ao mesmo tempo, unha esixente proposta de creación, da que fai cómplice ao lector, que participa no relato case que en pé de igualdade.

A tradución é de Eva Almazán, que traduciu tamén Brooklyn Follies, novela que acadou un enorme éxito en toda Europa e nos Estados Unidos, presentada en galego ao mesmo tempo ca noutras linguas do Estado español. Do mesmo xeito, Viaxes no scriptorium publícase simultaneamente en castelán (Anagrama), catalán (Edicions 62), éuscaro (Alberdania) e galego (Galaxia).

Editorial Galaxia publicará, este mesmo ano, o guión literario da próxima película de Paul Auster, titulada The inner life of Martin Frost, da que tamén é director.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2007-01-26
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-671-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

sunsetSunset Park19,60€
invisibleInvisible18,95€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

paul auster 2

Auster, Paul
Paul Auster (Nova Jersey, 1947) é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas, ensaios, poesía, guións e películas de cine, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86), Moon Palace (1989), Leviathan (1992), Mr Vertigo (1994), The Book of Ilusions (2002), Brooklyn Follies (2006), Viaxes no scriptorium (2007), o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007), Un home na escuridade (2008), Invisible (2009) e Sunset Park (2010), estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR