Sale!
a-viaxe-de-ana

16,50€

mercar

A viaxe de Ana

Alberte Momán

Ana quere saír xogar. E sae. Pero cada vez que pisa a rúa, algo lle fai ver que non todo anda ben na súa vida. Daquela, volve, e cóntallo á avoa.

Un libro fermoso nacido da imaxinación de Alberte Momán e adobiado coa cor e a fantasía de Lidia Nokonoko.

Unha fábula chea de luz que nos conta que o importante non é o que parecemos, senón quen somos en realidade.

 

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 40
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 140 x 175
  • Data Publicación : 10-01-2020
  • Colección : Libros para compartir
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-5433-6
  • Edición : 1º edición 1º impresión
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

Autor/a

alberte-moman-503x321

Momán, Alberte
Alberte Momán Noval, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1976, é un escritor e enxeñeiro técnico agrícola. Ten colaborado en diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. En maio de 2006 participa nos Dias da Criação celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En febreiro de 2007 publica O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía A porta verde do sétimo andar, da agrupación do mesmo nome. Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, editada pola UCM, ou Dorna, que publica a USC. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). No 2012 bota a andar a editora O Figurante Edicións.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR