Momán, Alberte

alberte-moman-503x321
Momán, Alberte

Alberte Momán Noval, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1976, é un escritor e enxeñeiro técnico agrícola.

Ten colaborado en diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. En maio de 2006 participa nos Dias da Criação celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En febreiro de 2007 publica O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía A porta verde do sétimo andar, da agrupación do mesmo nome.

Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, editada pola UCM, ou Dorna, que publica a USC. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

No 2012 bota a andar a editora O Figurante Edicións.

As súas obras

A viaxe de Ana
a-viaxe-de-ana
18.20€ CON IVE