Ilustracións de Vanesa Álvarez
Na illa Mola-Mola, entre palmeiras, xogaba Lúa, a pequena kuna de ollos grandes e escuros. A natureza era a súa compañeira e as estrelas de mar, buguinas e cangrexos os seus amigos, ata que coñeceu a Oli, o navegante dos océanos, e desde aquela as súas vidas estiveron unidas sucando mares e océanos co vento a favor.
naceu en Vigo, rodeada de mar e gaivotas. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, xogou coas palabras ata converterse en tradutora e correctora. Recibiu o Premio Lois Tobío 2005 pola tradución de Manhattan Transfer e publicou: Ben-Cho-Shey e a súa xeración (2018), Clara Campoamor y la lucha por el voto feminino (2020), Ao redor da xeración Nós. Catro ourensáns e un rianxeiro (2021) e Saboreando as palabras (2023).