Viaxe á última revolución

21,50€

mercar

Viaxe á última revolución

Xerardo AgraFoxo

A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois no aeroporto internacional da Habana.

O autor xa estivera en Cuba trinta anos antes, cando o Muro de Berlín aínda existía e a Revolución tiña moitos adeptos. Tres décadas despois, para coñecer os cambios que se produciron na illa, Xerardo AgraFoxo decide viaxar en solitario. Montado en camións, coches e trens doutra época, o autor atravesa Cuba durante trinta días, dende Baracoa ata Pinar del Río, para -despois de dous mil quilómetros de percorrido- escribir unha crónica que destaca polo ton sincero das súas observacións e a amenidade das súas páxinas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 372
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-06-14
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-717-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Viaxe á última revolución2016-06-28 08:35:49


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-da-vella-libreriaO segredo da vella libreríaXabier López López
amor-por-catroAmor por catroHelena Villar Janeiro
de-gres-a-cadizDe Gres a CádizXosé Neira Vilas

Autor/a

xerardo_agrafoxo-01

AgraFoxo, Xerardo
Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952) é profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e leva escritos máis de vinte libros de investigación histórica, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia, amais do libro Memorias do franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002). No ano 2006, seguindo coa súa tarefa de historiar a vida do seu concello, publicou os volumes Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) e A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González). Dous libros que tiveron continuación cando saíu, en 2008, o derradeiro volume desta triloxía: Noia no cambio de século. No ano 2007 publicou Biografía de María Mariño e María Mariño: retrato dunha vida. Como narrador, no ano 2003 deu ao prelo o libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, un periplo narrativo por varios personaxes e autores da literatura e a arte universal escrito desde a convicción de que a ficción pode axudar a clarexar os matices da historia real. No ano 2004, obtivo o Premio García Barros coa novela Unha viaxe no Ford T e posteriormente vería a luz O violinista de Malá Strana (2008), tamén do xénero novelesco.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR