viaxe illa

8,50€

mercar

Viaxe a Illa Redonda

Helena Villar Janeiro

Premio Barco de Vapor 1986

A novela comeza un 21 de xuño, o día en que remata o curso e se abre para Dores, a protagonista, o tempo cheo de ilusións das vacacións do verán. A victoria nunha divertida e orixinal competición "deportiva" -unha carreira de caracois- vaille dar a oportunidade de emprender unha viaxe a Illa Redonda, un lugar fermoso e máxico onde as fantasías poden converterse en sorpresivas realidades.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 11,5 x 20 cm
  • Data Publicación : 1997-09-01
  • Colección : Árbore a partir de 12 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-827-6
  • Edición : 4

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

dona e donDona e don6,00€
raulRaúl8,70€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-218Grial 218 VV.AA.
senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez

Helena Villar Janeiro

Villar Janeiro, Helena
Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá no ano 1940. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid. Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. No ano 1984 publicou unha novela para rapaces titulada Patapau. Despois foron aparecendo O día que choveu de noite, Vermiño, A canción do Rei e a novela Viaxe a Illa Redonda. No ano 1991 Galaxia editou O enterro da galiña de Domitila Rois, primeiro libro de Helena Villar dirixido ó público adulto.
En 2015 foi nomeada Socia de Honra de Gálix e recibiu a Letra E que lle concedeu a AELG.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR