Estás aquí:

Código: 484

Unha verdade amarga

17,10  IVE INCLUIDO

Cando Daniel Pereria inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado,

a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada. Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente. Unha historia sobre a identidade e a memoria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 360
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-059-8
Observacións:

AUTORES/AS

Díaz Núñez, Celia
Celia Díaz Núñez

(O Páramo, 1961) desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.  

En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).

Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).

É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.

As súas obras

Rugando ou o misterio do cuarto secreto
9788491515920
14.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE