Silencio

Agustín Agra

Logo dun silencio editorial de cinco anos, volve á narrativa galega Agustín Agra con este primeiro libro en Editorial Galaxia, onde concentra o mellor do seu saber literario

Un monllo de relatos dunha delicadeza extrema centrados na natureza humana, mais tamén na natureza orgánica que nos rodea, e que vén sendo un corazón latexante idéntico ao noso. Coma un caderno de campo, a ollada de Agustín Agra disecciona os tempos e os espazos para explicarnos que as viaxes polo planeta son viaxes cara a dentro, que as pescudas da verdade case sempre rematan no infinito, e que a existencia pode ser entendida, mellor que coa ciencia, coa literatura. Pagou a pena a espera. Un libro que nos deixará sen alento.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 07/09/2020
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-486-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 415
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Autor/a

agustin-agra-maria-esteiran

Agra, Agustín
Agustín Agra naceu en Noia en 1966. É licenciado en Bioloxía e membro colaborador da Asociación Cultural Barbantia. Entre as súas obras destacan títulos como O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, Premio Merlín 2006. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo, en 2004, por Os límites do inimaxinable. Esta é a súa primeira obra en Editorial Galaxia. Foto do autor de María Esteirán


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR