Estás aquí:

Código: 715

Setembro

esgotado
Libro de ton íntimo no que a autora se achega a aspectos máis amplos da existencia e condición femininas.
Este libro de ton íntimo, que non intimista, está dedicado a "todas as mulleres da miña familia", pois o "eu poético inicia a procura da súa definición xenérica e familiar", como di Teresa Seara no limiar, e consegue compoñer un canto sensible que, con afán de solidariedade e autodescubrimento á vez, se revela como confesión e homenaxe ao fado de todas as mulleres. Ese mes transitorio entre as estacións, que trae os froitos do verán e anuncia as chuvias do outono, dá nome a un poemario no que a suavidade das palabras abrangue a intensidade da vida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/1998
Dimensións 135 x 200 mm.
Colección: Dombate (Poesía
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-240-6
Observacións:

AUTORES/AS

Dacosta Alonso, Marta
Marta-Dacosta-196x220 (1)

(Vigo, 1966) comezou a publicar poesía na década de 1980, a través de colaboracións en diferentes revistas. O seu primeiro libro publícouse en 1993. Recibiu o accésit do premio Esquío e os premios González Garcés, Martín Codax, O Figurante e Johán Carballeira, entre outros. A súa obra foi recollida en antoloxías e traducida a varias linguas, sendo musicados algúns dos seus poemas ou incorporados a proxectos teatrais. Entre a súa obra poética destacan: Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, Setembro, En atalaia alerta, As Amantes de Hamlet, Cinsa, Acuática alma, Argola, Dun lago escuro, Na casa da avoa e Labirinto ou memoria.

As súas obras

Na casa da avoa
na-casa-da-avoa
12.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate (Poesía

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE
A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE
A ponte das poldras
ponte das poldras
12.00€ CON IVE
A rosa de ninguén
a rosa ninguen
esgotado
A traxectoria caótica do péndulo
pendulo
10.70€ CON IVE
Acusación
acus
12.90€ CON IVE
Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE