Receitas pequerrechas

Rocío Garrido Caramés

50 receitas para que a cativada da casa se fagan chefs de primeira

Velaquí receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos. Propostas moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia. Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí, terminan facéndose recoñecidos cociñeiros dignos dunha estrela (ou dúas!) Michelin. Pero aínda que iso non pase, o que queda garantido son momentos moi doces, como as sobremesas que aquí se atopan, e moi alimenticios, co mollo de pratos que Rocío, a cociñeira máis divertida de Galicia, nos propón dentro deste gorentoso menú!

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 116
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 195 x 235
  • Data Publicación : 21/11/2018
  • Colección : Cociña
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-260-8
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 15
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Rocío Garrido Caramés

Garrido Caramés, Rocío
Rocío Garrido Caramés é a responsable dun blog de cociña galega A cociña do meu avó, onde recolle dende o ano 2010 receitas tradicionais elaboradas cos ingredientes de sempre. Aínda que estudou Informática de Xestión e traballou nunha empresa de comercio exterior, leva dende o 2012 dedicándose á hostaleira. Gañou o premio Gourmand ao mellor libro de cociña sostible, no 2012, con Cociñando coas razas autóctonas.
Imparte cursos de cociña para todas as idades e actualmente ten unha aula, "Cociñando no Salnés" na que aprende a estranxeiros a nosa cociña tradicional. Tamén colabora en diversos programas de radio de gastronomía, actualmente todos os venres en Radio Voz.
Organiza eventos gastronómicos para concellos, empresas privadas e tamén eventos e catas maridaxes en restaurantes e adegas. Participa en showcookings por toda Galicia en festas gastronómicas e tamén foi xurado profesional en diversos concursos de tapas.
Foi responsable de comunicación da campaña de turismo gastronómico mariñeiro "Come o Mar" no 2014 e 2015.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR