poeta-en-nova-york

15,00€

mercar

Poeta en Nova York

Federico García Lorca

A Editorial Galaxia publica en galego a obra poética cume de Federico García Lorca coincidindo co gallo dos 80 anos da súa saída

Texto hipnótico, serviulle ao seu autor para explicar que os negros poden ser xitanos andaluces, e que o blues é flamenco, que todas as persoas senten igual en calquera lugar do mundo e que debaixo do asfalto de Manhattan latexa unha vida extraordinaria e marabillosa. Un clásico da poesía que tiña que estar, tamén, na nosa lingua.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 132
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 160 x 220
  • Data Publicación : 28/9/2020
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-471-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 93
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Autor/a

federico-garcia-lorca

García Lorca, Federico
(Fuente Vaqueros, 1898-Víznar, 1936). Poeta e dramaturgo, tras pasar a súa infancia no rural granadino, estudou na Universidade de Granada, para logo trasladarse a Madrid, á Residencia de Estudantes, onde entrou en contacto con compañeiros de xeración, coñecida como “do 27”, e o ambiente das Vangardas, cultivando a música, o debuxo, o teatro e a poesía. A súa obra poética e dramática caracterízase por amosar unha linguaxe moi persoal onde asimila elementos e formas populares combinados con audaces metáforas, personificacións, símbolos e imaxes que configuran a súa orixinalidade literaria. Foi asasinado polos fascistas no comezo da Guerra Civil en 1936.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR