García Lorca, Federico

federico-garcia-lorca
García Lorca, Federico

(Fuente Vaqueros, 1898-Víznar, 1936). Poeta e dramaturgo, tras pasar a súa infancia no rural granadino, estudou na Universidade de Granada, para logo trasladarse a Madrid, á Residencia de Estudantes, onde entrou en contacto con compañeiros de xeración, coñecida como “do 27”, e o ambiente das Vangardas, cultivando a música, o debuxo, o teatro e a poesía. A súa obra poética e dramática caracterízase por amosar unha linguaxe moi persoal onde asimila elementos e formas populares combinados con audaces metáforas, personificacións, símbolos e imaxes que configuran a súa orixinalidade literaria. Foi asasinado polos fascistas no comezo da Guerra Civil en 1936.

As súas obras

Poeta en Nova York
poeta-en-nova-york
15.90€ CON IVE