Pitusa Semifusa

20,00€

mercar

Pitusa Semifusa

Olga Brañas

Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.

Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 2014-04-16
  • Colección : Sonárbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-525-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

PITUSA SEMIFUSA en Vigo2014-05-28 19:11:54

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

Foto Olga Brañas

Brañas, Olga
Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. É de Ourense e vive en Santiago. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira. Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. Sempre di que leva compoñendo dende que ten uso de razón. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ é a súa primeira incursión na música infantil.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR