Presentación de PITUSA SEMIFUSA na Coruña

Categoría: Nova

Olga Brañas e Xiana Lastra cantarán algunhas das cancións na Festa de Fin de Curso organizada para toda a rapazada da Coruña na FNAC. O acto será presentado polo editor Francisco Castro.
Pitusa Semifusa é un libro-disco editado na colección Sonárbore da editorial Galaxia. A protagonista é unha nena e está pensado para que os cativos e as cativas descubran e gocen da música e dos instrumentos desde moi pequeniños.
O proxecto xorde a partir da fascinación que a pianista e percusionista Olga Brañas vía nos seus alumnos de 3, 4 e 5 anos cando se achegaban por primeira vez a un instrumento musical. Pitusa e os seus amigos fan de guías para achegarse a todas as familias de instrumentos.
Na Coruña, dende as 19 horas, na FNAC, poderá gozar todo o mundo desta festa musical.

Comparte nas túas redes sociais ou por email