Brañas, Olga

Foto Olga Brañas
Brañas, Olga

Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. É de Ourense e vive en Santiago. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira. Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. Sempre di que leva compoñendo dende que ten uso de razón. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… Pitusa Semifusa é a súa primeira incursión na música infantil.

As súas obras

Pitusa Semifusa
Pitusa Semifusa
20.00€ CON IVE
Pitusa Semifusa e os estilos musicais
pitusa-semifusa-e-os-estilos-musicais
20.00€ CON IVE