ler a risco

13,20€

mercar

Para ler a Vicente Risco

Antón Risco

Arturo Lezcano

Carlos Casares

Introducción para o coñecemento da vida e obra do controvertido intelectual ourensán.

Este volume, prologado por Manuel Fraga, recolle materiais diversos sobre a figura de Risco: unha biografía escrita por Carlos Casares, unha entrevista de Arturo Lezcano a Antón Risco, fillo do escritor, e un exhaustivo compendio da súa bibliografía.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 216
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 136 x 210
  • Data Publicación : 1997-07-01
  • Colección : Obras completas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-133-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

campus-morteCampus morteLito Vila Baleato
memoria-do-corpoMemoria do corpoXesús Rábade Paredes

Antón Risco

Risco, Antón
Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo, 1998) viviu dende neno nun ambiente familiar moi vencellado á vida cultural galega. Despois de rematar os estudos de Filosofía e Letras obtivo unha praza de profesor de español en Francia e máis tarde nos Estados Unidos. De alí pasou a Canadá, onde exerceu a docencia durante moitos anos na Universidade de Laval, en Quebec. Froito desa dedicación universitaria foron os seus estudos sobre literatura fantástica e a súa moi citada tese de doutoramento sobre as estéticas de Valle-Inclán. Pero a figura de Antón Risco cobra unha especial relevancia na literatura galega pola súa obra de creación, na que destacan libros como Memorias dun emigrante (1987, Premio da Crítica Española), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio Galicia), Tres situacións elementais (1991), Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991) e Mascarada (1995). Con Os fillos do río foi finalista en 1997 do Premio Torrente Ballester que convoca a Deputación da Coruña. Coa novela O embrión, publicada en Galaxia, obtivo o premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol, no ano 2001, a título póstumo.

Arturo Lezcano

Lezcano, Arturo
Arturo Lezcano (Ourense, 1939) estudiou Dereito e Xornalismo en Madrid e iniciou a súa relación coa cultura galega na tertulia ourensá de Vicente Risco. Nos anos sesenta desenvolveu unha ampla actividade no mundo dos cine clubes, que rememora no seu libro Ourense, cittá aperta (1999), aínda que profesionalmente se dedicou desde moi novo ao xornalismo. Foi director de Ferrol Diario, sobre o que publicou unha monografía en 1993, e traballou en La Región e en La Voz de Galicia, xornal do que foi redactor xefe. En 1987 recibiu o Premio de Xornalismo de Galicia e en 1991 obtivo o Premio Julio Camba. Como narrador deuse a coñecer na Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco (1993) e máis tarde publicou Os dados de Deus (1994), un libro de relatos no que aparecen moitas das liñas temáticas de Só os mortos soterran os seus mortos.

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR