pan

14,20€

mercar

Pan e coitelo

Bieito Iglesias

A última e esperada obra de Bieito Iglesias, unha novela moi moral.

Esta nouvelle de Bieito Iglesias contén un relato policial (con crime perfecto), estampas políticas do fraguismo terminal, varios sketchs costumistas que declinan a xovialidade do folclore actual, un retrato de familia, dúas crónicas de viaxes (a Suiza e Oriente Medio) e outras tantas historias de amor.

Os elementos tráxicos, mesmo algunha escena truculenta resultante de mesturar a Cela con Tarantino, aparecen en Pan e coitelo dulcificados por unhas personaxes que experimentan a ledicia goliardesca e pasoliniana. Todo, coa maior brevidade posible, porque o autor mora nun mundo vertixinoso.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2008-04-18
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-035-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Bieito Iglesias

Iglesias, Bieito
(Ourense, 1957). Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista n´A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique.

Deuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de seda, A vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en Nassau, Miss Ourense, O mellor francés de Barcelona, Amor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca.

Bieito Iglesias é tamén o autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR