nomes morte

23,95€

mercar

Os nomes da morte

Vítor Vaqueiro

Unha novela construída a través dos testemuños de numerosos personaxes.

A morte de Herminio Rotea, un galego emigrado no Brasil, é o feito arredor do cal xira esta novela, que se vai edificando mediante os testemuños que deitan sobre o finado aqueles que o coñeceron. Este é o punto dun libro que, como quería Cortázar, apunta á creación "dun lector tan activo e batallador como o propio novelista".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 268
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2002-10-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-570-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

vaqueiro

Vaqueiro, Vítor
Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ao que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989).

O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiu Os xenerais de África (1999). Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).

En 2008 publica en Galaxia a novela Os espellos do tempo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR