Os Gazafellos

Pepe Carballude

Se o teu desexo é atopar un gazafello, velaquí o libro que necesitabas. Léndoo coñecerás todos so segredos destas estrañas criaturas difíciles de atopar. Tamén saberás dun pazo misterioso, de libros fantásticos, da necesidade da amizade e da vida sinxela e auténtica da aldea.

Os Gazafellos é unha ponte entre realidade e fantasía escrita por Pepe Carballude.

Pepe Carballude naceu na aldea de Rubín (A Estrada) en 1956. Desde pequeno medrou escoitando contos populares e oíndo falar de lobos, pantasmas, mouros ou tesouros agochados. E, por suposto, de gazafellos, na procura dos cales se cadra andou cando tiña a túa idade. Desa vixencia da literatura que se contaba e que se transmitiu de xeración en xeración en Galicia, naceu o seu desexo de escribir.

Con varios títulos da súa autoría que o sitúan entre os máis destacados escritores para nenos e mozos da lingua galega, Pepe Carballude conseguiu importantes premios, como O Barco de Vapor, que gañou en dúas ocasións.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 138
  • Deseño : Rústica sen lapelas
  • Dimensións : 20 x 12,80 cm
  • Data Publicación : 2006-06-08
  • Colección : Árbore a partir de 12 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-923-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

MarxinadosMarxinados13,50€
sosS.O.S.11,95€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Foto Pepe Carvallude

Carballude, Pepe
Naceu na aldea de Rubín (A Estrada) no ano 1956. É profesor de latín nun instituto de ensino medio na provincia da Coruña. Á parte da obra relacionada co seu traballo profesional, na que destacan algunhas traducións de poetas latinos, está entregado fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil, que cultiva con entusiasmo e dedicación. En 1988 publicou o conto titulado O xílgaro Pintor. É autor tamén da noveliña titulada Os gazafellos, premio Barco de Vapor 1986, así como dos libros titulados Mimos e máis mimos, S.O.S, Investigación 091 e Andainas de Pedro Chosco. SOS, Maldito DNI, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris e De como o Santo dos Croques se fai peregrino, co que obtivo o Premio Barco de Vapor 2002.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR