Estás aquí:

Código: 2714

Os amorodos de Bergman

19,20  IVE INCLUIDO
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018
Entre 1925 e 1934, o grupo de excursionistas chamado Sociedade Amigos do Campo filmou unhas cen películas nas que amosaban o seu interese pola paisaxe. Películas de viaxes e excursións que, en vez de acontecementos excepcionais, recollen momentos intranscendentes. O ensaio de Fernando Redondo Neira parte dese rexistro fílmico, sen montaxe nin outros aditamentos, no que o azar se converte en traballo a prol dunha disgnificación. A reflexión sobre a imaxe en movemento trasládase dese xeito ao que se podería considerar unha teoría da percepción. O cinema como unha segunda oportunidade da memoria, unha segunda percepción do vivido. A imaxe dos protagonistas fórmase ao tempo na lembranza e no celuloide. A película é memoria feita cousas que se ergue ao mesmo nivel da vivencia. Para os membros da Sociedade Amigos do Campo, o gravado pola cámara Packard 9,5 mm de Alfonso Piñón supoñía a posibilidade de enfrontar lembranza e representación, pasado e presente, sensacións e significado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 93
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-340-7
Observacións:

AUTORES/AS

Redondo Neira, Fernando
fernando-redondo-neira-lorena-de-merlo

(Camporrapado, Boqueixón, 1971) é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Autor do libro Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta, co-autor de Galicia en NO-DO: comunicación, cultura y sociedade e coordinador do volume Cidadanía e documental. Publicou artigos en revistas como ZER. Revista de Estudios de Comunicación. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, L’Atalante. Revista de Estudios Cinematográficos e Historia y Comunicación Social. membro da Asociación Española de Historiadores do cine e da Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores da Comunicación. Premio María Lúz Morales de Esaios Cinematográficos e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo. Presidente da Fundación Xosé Neira Vilas.

Foto do autor: Lorena de Merlo.

As súas obras

Os amorodos de Bergman
os-amorodos-de-bergman
19.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE