Estás aquí:

Código: 530

O viaxeiro perfecto

17,50  IVE INCLUIDO
Mario, un condutor, e Raimundo Martín, un ancián nada corrente, coinciden nunha ambulancia. Sen que ningún dos dous o pretenda, quedan unidos por un vencello inexplicable, coma se compartisen inconscientemente a solución dun enigma.
Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despregar conforme o coche percorre quilómetros. O tempo estenderase polo espazo coma quen desenrola unha alfombra na que os debuxos parecen estar dispostos seguindo a orde do azar. O viaxeiro perfecto amosa non como son as cousas en realidade senón como son realmente as cousas, tendo en conta que, as máis das veces, coma nas aventuras de ficción, a vida é accidentada e está dominada polas circunstancias. Cunha prosa ateigada de revelacións e faíscas inesperadas, da que o humor tamén forma parte, o autor de O imposible de desatar (Premio Blanco Amor 2010) crea dous personaxes inesquecibles, na xinea de James Boswell e o Dr. Johnson, para introducirnos no que é unha insólita novela de viaxes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 204
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/03/2024
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 406
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-423-7
Observacións:

AUTORES/AS

García Campos, Iván
Iván García Campos

Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez
Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola súa obra Unha casa chea de xanelas. A súa primeira no-vela, O imposible de desatar, recibiu
o Premio Blanco Amor en 2010. Tamén é autor do libro de relatos Cuestións vitais secretas (2014).

As súas obras

O viaxeiro perfecto
9788491514237
17.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE