Estás aquí:

Código: 409

O soño (re)dirixido

21,00  IVE INCLUIDO
Un conxunto de calas no evolucionar humano a través de vinte relatos
O título parte dunha frase de Jorge Luis Borges referida ao quefacer literario. Percorrendo un camiño que conduce de Aberdeen á Limia, de Uruk a Mondoñedo, de Atila a Pardo de Cela e á raíña Lupa, Vítor Vaqueiro mostra novamente as obsesións que caracterizan a súa obra narrativa e poética: o Tempo, o Mito, a inxustiza despótica inherente ao Poder, a Memoria imperiosa, a Infancia, e, por riba de todo, a Morte inevitábel.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 240
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/06/2010
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-285-7
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Vaqueiro, Vítor
vaqueiro

Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ao que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989).

O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiu Os xenerais de África (1999). Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).

En 2008 publica en Galaxia a novela Os espellos do tempo.

As súas obras

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE