seni

18,95€

mercar

O libro das Seniguais e do único Senigual

María Rosa Lojo

Uns seres moi especiais. Máis que un libro, unha obra de arte

Un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe. No ano 2006 publicou en Galaxia A fin da terra.

Neste libro (con reminiscencias afastadas aos Cronopios e Famas de Cortázar, tan vencellado tamén a Galicia) a autora plantea un xogo lírico dunha estrema beleza arredor dunha especie (imaxinaria ou non, velaí un dos engados do libro), as seniguais, que existen por todo o mundo pero que teñen a súa orixe en determinadas figuras do imaxinario tradicional galego: as meigas, as bruxas, e as fadas dos bosques.

Galicia aparece con moita forza no libro, ao arrancar a acción de Fisterra e ao estar protagonizada por unha nena, Isolina, de orixe galega. Concibido narrativamente dende un punto de vista circular, a historia remata volvendo de novo a Fisterra e a Galicia.

A obra vén sendo unha festa lírica e de imaxinación que, ademais de contarnos todo o que cómpre saber sobre estes enigmáticos seres, critica a violencia humana e o fanatismo, polo cal nos ofrece unha pluralidade de lecturas segundo o chanzo de idade dos lectores e lectoras que se acheguen ao libro. Os cativos lerán unha historia marabillosa sobre seres marabillosos. Os adultos serán quen de ver todo o que hai por debaixo e que a autora, sutilmente, quere transmitirnos.

O libro está ilustrado pola artista Leonor Beuter (unha das pintoras con máis proxección do continente americano), a toda cor, buscando tirar do prelo non só un libro fermoso senón unha obra de alta calidade literaria, artística e editorial. Nas súas ilustracións, enchoupadas do mesmo lirismo imaxinativo do texto, a artista recorre a unha técnica pictórica que lembra o punto de cruz.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 52
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 295 x 220 mm.
  • Data Publicación : 2010-10-27
  • Colección : Edicións especiais en capa dura
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-319-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

maria rosa

Lojo, María Rosa
Naceu en Bos Aires en 1954. O seu pai, un galego republicano, exiliouse na Arxentina logo da Guerra Civil. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe.

María Rosa é escritora, investigadora e Doutora en Letras pola Universidade de Bos Aires. Profesora de Ensino Secundario, Normal e Especial en Letras, egrexa da Universidad de Bos Aires con Diploma de Honor.

Traballa como investigadora do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas, con sede na Universidade de Bos Aires. Dirixe dous proxectos de investigación na Universidade do Salvador onde dicta, ademáis, un Seminario-Taller de Doutoramento. Ten ao seu cargo a coordinación do equipo internacional de investigadores que realiza a edición crítica de Sobre héroes y tumbas para a Colección Arquivos da UNESCO.

A súa obra abrangue distintos xéneros: artigos, poesía, ensaio, conto e novela. En Galaxia ten publicado a novela A fin da terra e o fermoso álbum O libro das Seniguais e do único Senigual.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR