Estás aquí:

Código: 2208

A fada das lapas

17,20  IVE INCLUIDO
Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da seducción, do amor, da ruptura da parella e da perda dos fillos.
Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador Manuel Janeiro volve á procura dos lectores con A fada das lapas, á vez unha narración transparente e misteriosa na que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe, mesmo pola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser humano e do fillo froito dese emparellamento. En toda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado. Esta nova achega de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de ler unha vez comezados. O lector queda atrapado na vitalidade da historia ata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonancias medievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que fala da seducción, do amor, da ruptura da parella e da esnaquizadora perda dos fillos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 60
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 17/11/2008
Dimensións 17 x 24 cm mm.
Colección: Edicións especiais en capa dura
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-133-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Janeiro, Manuel
janeiro

Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial e o audiovisual foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos e autor, a partir dos seus propios guións, de dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos: Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004). Como poeta, publicou Primera edad (1977), Poemas sobreros (1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (IBBY, 2007) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos (Galaxia. Literaria, 2014) é a súa última obra en prosa. Unha novela coa que sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura.

As súas obras

A fada das lapas
fada
17.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Edicións especiais en capa dura

A fada das lapas
fada
17.20€ CON IVE
A lingua das bolboretas
a lingua bolboreta
esgotado
A serea do mundo
serea
17.60€ CON IVE
Memorias dun neno labrego (C)
memoria
21.75€ CON IVE
O branco país sen neve
branco
17.60€ CON IVE
O galo de Antioquía
o galo antioquia
16.50€ CON IVE
O home que plantaba árbores
home
17.50€ CON IVE
O libro das Seniguais e do único Senigual
seni
20.90€ CON IVE