O agasallo de Anya

12,50€

mercar

O agasallo de Anya

Sabela Núñez Singala

Esta é unha novela que nos achega a realidade de dúas nenas de once anos: Xiana, galega, e Anya, ucraína.

Malia vivir a miles de kilómetros de distancia, as súas vidas non son moi diferentes, sobre todo se falamos de sentimentos, ilusións, ganas de ser felices e de gozar do mundo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 116
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 2016-02-15
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-509-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Foto Sabela Núñez Singala

Núñez Singala, Sabela
Naceu en Lugo. A maior parte da súa vida transcorre entre A Terra Chá, onde vive na pequena localidade de Muimenta, e mais A Mariña, a onde acode a diario para aprender Matemáticas e moitas outras cousas máis co alumnado do instituto da Pontenova. Ademáis de contar números, gústalle contar historias e aprender viaxando. Unha das súas últimas viaxes formou parte dun proxecto titulado "Mochilinhas de Cores", unha iniciativa solidaria de axuda mutua entre a infancia galega e a de Ucraína.
O agasallo de Anya pódese dicir que é un libro que nace desa viaxe solidaria. Con el estréase como escritora e tamén con el desexa facervos gozar igual que ela o fixo poñendo na voz de Anya e Xiana as súas experiencias e aprendizaxes.
Se queredes contactar ou saber máis sobre esta novela, visitade o seu blog: www.oagasallodeanya.blogspot.com


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR