Naceu en Lugo. A maior parte da súa vida transcorre entre A Terra Chá, onde vive na pequena localidade de Muimenta, e mais A Mariña, a onde acode a diario para aprender Matemáticas e moitas outras cousas máis co alumnado do instituto da Pontenova. Ademáis de contar números, gústalle contar historias e aprender viaxando. Unha das súas últimas viaxes formou parte dun proxecto titulado “Mochilinhas de Cores”, unha iniciativa solidaria de axuda mutua entre a infancia galega e a de Ucraína.
O agasallo de Anya pódese dicir que é un libro que nace desa viaxe solidaria. Con el estréase como escritora e tamén con el desexa facervos gozar igual que ela o fixo poñendo na voz de Anya e Xiana as súas experiencias e aprendizaxes.
Se queredes contactar ou saber máis sobre esta novela, visitade o seu blog: www.oagasallodeanya.blogspot.com