cadeixo

10,20€

mercar

No cadeixo

Paco Martín

As mil cousas miúdas que van sucedendo un día de festa nun pequeno lugar de Galicia.

Ten esta novela moito de poema. Escrita nun impecable galego de ben coñecido sabor popular, apenas conta nada. E non obstante, ao final o lector ten a impresión de que lle regalaron todo un mundo: tanta é a mestría con que está concibida e realizada esta narración. Polas súas páxinas anda algo moi verdadeiro do ser de todos nós.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 128
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 1983-01-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-443-8
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

paco martin

Martín, Paco
Nacido en Lugo en 1940, combina o ensino coa actividade literaria en campos como a novela, o relato, a literatura infantil e xuvenil e os escritos didácticos e divulgativos. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención a parte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que se fixo acreedor do Premio Nacional co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou un dos seus maiores éxitos. En maio do ano 2006 publica con Galaxia o libro de contos A bisneta lercha, e en 2008 Das novas cousas de Ramón Lamote.
No 2012 foi o autor homenaxeado na XIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR