Natura

Iolanda Zúñiga

Dúas mulleres, nai e filla, emprenden unha fuxida deixando atrás unha terra devastada,

unha civilización destruída, un mundo sen auga e sen futuro. Camiñan na procura da salvación, dese lugar chamado Natura onde se constrúe unha civilización forte, xeneticamente invencible, capaz de desafiar a canta catástrofe teña lugar.

Só unha conseguirá entrar en Natura, nesa obra de enxeñería deseñada para a salvación, e pasará a formar parte das Elixidas. Pero cal é o custo? Alí non hai espazo para a intimidade, nin para os recordos, nin para os sentimentos. Escravas da rutina e das instrucións que veñen de arriba, só as poden acatar. Nese cotián narcotizado penden a fe, a esperanza, a ilusión… Son corpos en branco fronte a ordes de homes de gris. Que acontece se esperta o desexo? Ou a consciencia? Ou se algunha delas infrinxe as normas?

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 216
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 23/11/2018
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-262-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 379
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Autor/a

iolanda-zuniga-pelu-vidal

Zúñiga, Iolanda
(Vigo, 1975). Como narradora publicou o libro de relatos Vidas post-it (Xerais, 2007), traducido ao castelán e ao catalán no selo Pulp Books (2013), e ao éuscaro en Pasazaite Liboruak (2014). É autora tamén das novelas Periferia, galardoada co Premio Xerais 2010, e Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados (Xerais, 2018). En poesía publicou Amor amén (Xerais, 2008) e, nas redes sociais, mantén un proxecto chamado #GravaciónsRuíns, onde recita textos propios, inéditos en papel e próximos á poesía oral slam.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR