Miss Ourense

14,75€

mercar

Miss Ourense

Bieito Iglesias

Catro relatos policíacos ambientados en Ourense e protagonizados polo inspector Gumersindo Nespereira, un home que non está disposto a consentir que ninguén lle tome o pelo.

Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 216
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-11-02
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-491-2
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Bieito Iglesias

Iglesias, Bieito
(Ourense, 1957). Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista n´A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique.

Deuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de seda, A vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en Nassau, Miss Ourense, O mellor francés de Barcelona, Amor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca.

Bieito Iglesias é tamén o autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR