Minutos para medianoite

Xavier Queipo

Ramón Neto

Partindo do tanxíbel,

o poema esculca a zona iluminada polo foco da luz,ao tempo que estende a circunferencia do misterio que o arrodea. Poemas que se nutre da súa propia incerteza, mais entende que a beleza pode devir unha forma de opresión, que o equilibro é sempre pasaxeiro, e a perfección, frío plastificado. Sabe das teorías científicas que fican en estado de poesía até que se demostran (e mesmo despois de seren veriticadas, poden seguir oerando como materia poética). Poesía que non procura describir, senón nomear con precisión; para o que desenvolve as súas propias ferramentas. A palabra que tampouco dubida en denunciar, ao tomar conciencia do momento e do lugar que lle corresponde vivir.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 92
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 122 x 220
  • Data Publicación : 10/07/2019
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-349-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 85
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Os kowaOs kowa18,75€
articoÁrtico 2.018,60€
saladinaSaladina9,85€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

Autor/a

xavier-queipo

Queipo, Xavier
(Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015) e, xunto con Ramón Neto, do poemario Minutos para medianoite (2019). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991 e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.

Autor/a

ramon-neto-yoko-suwa

Neto, Ramón

Ramón Neto naceu na Illa de Arousa en 1975. Licenciouse en Filoloxía Inglesa pola USC e dedícase ao ensino do inglés. Reside en Bruxelas desde 1998 e é membro do Collectif de poètes bruxellois / Brussels Dichterscollectief con quen ten participado en diversos festivais e traballos colectivos. A súa obra individual editada até o momento saíu á luz tras ter acadado os premios XM Pérez Parallé, Miguel González Garcés, Illas Sisargas de poesía erótica e Eusebio Lorenzo Baleirón:

A estación única dunha illa, Espiral Maior, 2010

As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, Deputación da Coruña, 2012

Dominio público, Caldeirón, 2014

Zonas de tránsito, Sotelo Blanco, 2015


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR