Neto, Ramón

ramon-neto-yoko-suwa
Neto, Ramón

Ramón Neto naceu na Illa de Arousa en 1975. Licenciouse en Filoloxía Inglesa pola USC e dedícase ao ensino do inglés. Reside en Bruxelas desde 1998 e é membro do Collectif de poètes bruxellois / Brussels Dichterscollectief con quen ten participado en diversos festivais e traballos colectivos. A súa obra individual editada até o momento saíu á luz tras ter acadado os premios XM Pérez Parallé, Miguel González Garcés, Illas Sisargas de poesía erótica e Eusebio Lorenzo Baleirón:

A estación única dunha illa, Espiral Maior, 2010.

As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, Deputación da Coruña, 2012.

Dominio público, Caldeirón, 2014.

Zonas de tránsito, Sotelo Blanco, 2015.

As súas obras

Minutos para medianoite
minutos-para-medianoite
13.00€ CON IVE