Memoria dunha experiencia asemblearia

Miguel Barros

Memoria dunha experiencia asemblearia analiza e reivindica o papel do grupo que no ano 1972 iniciou un movemento asociativo de ampla adhesión entre o colectivo de ensinantes, e que deu lugar ao nacemento, no ano 1977, do Movemento de Mestres, iniciativa que puxo en cuestión as estruturas oficiais, sindicais e pedagóxicas, dos anos finais do franquismo e axudou a desartellar o sindicalismo vertical no sistema educativo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 440
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135x 210
  • Data Publicación : 03/09/2019
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-395-7
  • Edición :
  • Nº na colección : 44
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

Autor/a

miguel-barros

Barros, Miguel
Miguel Barros Puente (Carballedo - Cotobade, 1944) estudou Maxisterio en Pontevedra e doutorouse en Ciencias Políticas. Exerceu de mestre en Vigo ata a súa xubilación. Formou parte do grupo impulsor do Movemento de Mestres. Afiliado ao Partido Socialista en 1978, despois de militar na CNT, foi concelleiro en Vigo en dous períodos (1979 e 2003) e membro do Parlamento de Galicia nas tres primeiras lexislaturas. Nos últimos tempos militou en Compromiso por Galicia. Entre as súas publicacións salientan Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia (2006) e Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo, publicado por Galaxia en 2009, e polo que recibiu o Premio da Crítica.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR