Barros, Miguel

Miguel-Barros
Barros, Miguel

Miguel Barros Puente (Carballedo – Cotobade, 1944) estudou Maxisterio en Pontevedra e doutorouse en Ciencias Políticas. Exerceu de mestre en Vigo ata a súa xubilación. Formou parte do grupo impulsor do Movemento de Mestres.

Afiliado ao Partido Socialista en 1978, despois de militar na CNT, foi concelleiro en Vigo en dous períodos (1979 e 2003) e membro do Parlamento de Galicia nas tres primeiras lexislaturas. Nos últimos tempos militou en Compromiso por Galicia.

Entre as súas publicacións salientan Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia (2006) e Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo, publicado por Galaxia en 2009, e polo que recibiu o Premio da Crítica.

As súas obras

Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo
miguel
50.00€ CON IVE
Memoria dunha experiencia asemblearia
memoria-dunha-experiencia-asemblearia
28.30€ CON IVE