Lukumí

Alfredo Conde

Na súa novela que leva por título Lukumí Alfredo Conde narra a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza fanada da utopía internacionalista.

Lukumí é a historia do mulato Estevo, marcado por dúas culturas, a do seu pai galego e a da súa nai, descendente de escravos africanos.
Nesta novela Alfredo Conde deixa que sexa o protagonista da novela quen conte a historia da familia da súa nai, bailarina do famoso cabaret Tropicana, e máis da súa avoa materna, orgullosa de desdencer de escravos lukumís, unha xinea africana cuxos membros preferiron suicidarse antes que seguir en escravitude. A novela tamén vai descubrindo progresivamente a outra historia da familia do mulato Estevo, fillo dun galego cegado a Cuba para colborar na creación da nova sociedade comunista, tarefa da que axiña se decepciona.

As ilusións frustradas acaban por modelar o destino de Estevo, que, cunha voz descrida e escéptica, vai narrando, a traves da historia familiar e da súa propia experiencia, a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza frustrada da utopía internacionalista. Cunha prosa fluída, que habelenciosamente encadea feitos, anécdota e digresión, a novela sitúanos ante o último, e, se cadra, definitivo desengano: as miserias do capitalismo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 244
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2006-02-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-896-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

breixoBreixo14,90€
barcoO barco15,20€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

conde

Conde, Alfredo
Naceu en Allariz en 1945. Foi deputado polo PSOE en 1982 e conselleiro de Cultura entre 1987 e 1990. Fundador do grupo Voces ceibes, foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Clube de Galicia.

Os seus primeiros pasos no campo da literatura deunos como poeta ao publicar en 1968 Mencer de lúas. En 1974 deu a coñecer o seu primeiro libro de relatos, Mementos de vivos. A este seguiríano varias novelas: Contubernio catro de Tomé S. (1977), Come e bebe que o barco é do amo (1978), Breixo (1981), Memoria de Noa (1982), e Xa vai o griffon no vento (1984), que recibiu os premios Blanco Amor, Nacional de Literatura, da Crítica e Grinzane Cavour, este último concedido pola tradución alemana. En 1990 apareceu a colección de relatos Música sacra. Recibiu os premios de xornalismo Fernández Latorre e Julio Camba.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR