Hotel para coleccionistas discretos

Diego Giráldez

Nas altas esferas de poder da patria só hai psicópatas.

Neuróticos antolladizos que manifestan a súa absoluta carencia de empatía coa sociedade a través do coleccionismo de caprichos. A soidade empurra á empresaria Amalia Valverde a integrarse neste grupo de coleccionistas discretos e poderosos, mais a súa morte pon en marcha un novo reto a través da súa filla, Lara, e o seu amigo Andrés Caibo: reunilos no hotel Continente cun fin esperanzador.

Hotel para coleccionistas discretos é unha novela coral apegada á actualidade que deixa no aire máis preguntas que respostas nas súas múltiples lecturas. ¿Ata onde son quen de chegar por manter o seu status de poder os coleccionistas discretos? ¿Pode unha patria fráxil soportar os seus antollos?

Cun estilo moi persoal, onde resaltan a pulcritude expresiva e o dominio da palabra, Diego Giráldez pescuda na relación entre a literatura ficcional e a actualidade máis crúa, retorcendo a realidade con doses de humor e atmosferas delirantes.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 116
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 14/03/2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-312-4
  • Edición :
  • Nº na colección : 386
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

diego-giraldez-thomas-harris-e-mateo-h-soto

Giráldez, Diego
(O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e  colaborou como columnista de opinión en medios como A Nosa Terra, A Peneira e Xoral de Galicia, e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa. Licenciado en Historia del Arte, ten varios traballos publicados, que van dende a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou, canda outros autores, no poemario Baldío. Máis tarde, en 2016, saía á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido "Autor galego do ano" polo lectorado da revista Fervenzas Literarias. En 2010, gañou o Premio Literario "José Saramago" de relato curto. Ese mesmo ano recibiu na súa localidade de nacemento o Premio Círculo "Cultura". En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves "Modesto R. Figueiredo" e un ano despois gañou o prestixioso premio literario "Manuel Murguía". Foto do autor: © Thomas Harris e Mateo H. Soto


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR