norte portugal

Non dispoñible

Non dispoñible

Guía do Norte de Portugal

Vítor Vaqueiro

Máis de 270 fotografías e ilustracións en cor, mapas e planos

Libro que se achega con nove itinerarios polas rexións de Minho, Douro e Trás-os-Montes. Recolle ampla información sobre Porto e as principais cidades do Norte de Portugal.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 364
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 121 x 215
  • Data Publicación : 2001-11-01
  • Colección : Guías
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-476-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

vaqueiro

Vaqueiro, Vítor
Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ao que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989).

O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiu Os xenerais de África (1999). Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).

En 2008 publica en Galaxia a novela Os espellos do tempo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR