Epistolario a Francisco Fernández del Riego

Ricardo Carballo Calero

O epistolario de Carballo Calero a Francisco Fernández del Riego ilustra á perfección unha etapa fundamental da cultura galega.

A correspondencia de Carballo Calero a Paco del Riego son a constatación dunha profunda amizade e tamén a crónica dunha época.

Ao longo de cincuenta anos, estas cartas reflicten o proceso de elaboración da obra dun dos grandes intelectuais galegos do século XX.
Desde o galeguismo da época de 1930 ata o período na cátedra de galego da Universidade de Santiago, pasando polo silencio da Guerra Civil, o cárcere, a relación coa Editorial Galaxia ou a entrada na Real Academia Galega, a correspondencia reuinida neste libro permite un contacto directo coa personalidade do inesquecible profesor e co seu tempo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 580
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 14 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2006-02-16
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-893-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra
distanciasDistanciasTamara AndrésMarcos Viso

carballo calero

Carballo Calero, Ricardo
Catedrático de Lingüística e Literatura Galega e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Letras pola Universidade Central de Madrid. Foi o secretario do Seminario de Estudos Galegos e partillou os principios políticos do Partido Galeguista (1931). Foi membro da Real Academia Galega. A partir de 1970 foi o principal teorizador e defensor das teorías do reintegracionismo lingüístico co portugués como vía para a normalización do galego. Do seu traballo académico destacan a Historia da literatura galega contempóranea (1975) e mais Estudos rosalianos (1979). Como poeta, iniciouse en castelán con Trinitarias (1928) e La Soledad confusa (1931), para continuar en galego con Vieiros (1931) e O siléncio ajoellado(1934) ata a súa madurez en Anxo de Terra (1950). Como prosista abriu a xeira da novela galega da postguerra con A xente da barreira (1950, Premio Bibliófilos Gallegos). Tamén cultivou o xénero dramático de xeito continuado dende 1936, con obras como A sobra de Orfeu, 1948.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR