Estás aquí:

Código: 336

Diario de comidas

17,40  IVE INCLUIDO
A cociña como arte e a comida como pracer son os protagonistas de Diario de comidas, libro co que o poeta Rodríguez Baixeras inicia a súa obra en prosa.
Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os praceres e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación. Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do Diario de comidas un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 332
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/12/2004
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-768-5
Observacións:

AUTORES/AS

Rodríguez Baixeras, Xavier
baixeras

(Tarragona, 1945). Profesor xubilado de ensino medio de Lingua e Literatura, pertence á xeración poética dos 80. Entre as súas obras destacan Anos de viaxe (1981-1987) e O pan da tarde (Galaxia, 2006). Recibiu o Premio da Crítica española en dúas ocasións e o da Crítica de Galicia, o González Garcés e o Cidade de Ourense. Cultivou a crítica poética (Bos tempos para a lírica, 1980), o libro de viaxes (Brasil no centro, Galaxia, 2011) e mergullouse na gastronomía con Dicionario da comida galega, Rosalía e a cociña e o ensaio Diario de comidas (Galaxia, 2004). 

As súas obras

Diario de comidas
diario comidas
17.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE