Sale!
9788491514138

14,00€

mercar

Corte e confección

Celia Díaz Núñez

“Escribir unha historia é coma facer un traxe —pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—.

Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.

O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño…, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo,

de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias…”

Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz… e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 112
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 22/11/2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-413-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 402
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Celia Díaz Núñez

Díaz Núñez, Celia
Naceu no Páramo en 1961. Vinculada desde os anos da infancia a Quiroga, reside en Ourense, onde desenvolve a súa actividade docente. Deuse a coñecer como narradora en 2003 cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando. En 2007 obtén o premio Breogán de contos co relato "Un tango na noite". É autora de obras de teatro infantil: Cataventos e cía. (premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004) e Velaí vai o papaventos (2014), o ensaio literario Voces na terra (1995) e materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR