Conversas con Ricardo Carballo Calero

Carmen Blanco

Día das Letras Galegas 2020

Entre os anos 1983 e 194 Carmen Blanco Fíxolle a Ricardo Carballo Calero unha longa entrevista, cuxas partes substanciais se publicaron en libro en 1989.

Trinta anos despois da primeira edición, a conversa segue a ser unha contribución esencial ao coñecemento da vida e da obra dunha das personalidades máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX.

Abórdanse nela algúns temas esenciais, como a biografía, a política, a formación intelectual, a crítica literaria, a lingüística, a poesía, a narrativa e o teatro. A través deles vaise configurando a imaxe dunha personalidade enteiramente entregada ao ideal patriótico que constituíu o eixe da existencia a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 308
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 20/02/2020
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-444-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 46
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

Autor/a

carmen-blanco-claudio-rodriguez-fer

Blanco, Carmen
é creadora e coordina, con Claudio Rodríguez Fer, Unión Libre e a Asociación para a dignificación das vítimas do fascismo. Publicou poesía, narrativa e ensaio nas obras Un mundo de mulleres, Lobo amor; Vermella con lobos, Atracción total; O contradiscurso das mulleres, Mulleres e independencia, Sexo e lugar, Feministas e libertarias e Letras lilas. Foi alumna de Carballo Calero no Colexio Fingoi e na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa, o mesmo do que Carballo foi primeiro profesor. Sobre el, publicou Carballo Calero: política e cultura e prologou os seus ensaios Umha voz na Galiza. Estudou a súa figura e a súa poesía en Nais, damas, prostitutas e feirantas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR