Blanco, Carmen

carmen-blanco-claudio-rodriguez-fer
Blanco, Carmen

É creadora e coordina, con Claudio Rodríguez Fer, de Unión Libre e da Asociación para a dignificación das vítimas do fascismo. Publicou poesía, narrativa e ensaio nas obras Un mundo de mulleres, Lobo amor; Vermella con lobos, Atracción total; O contradiscurso das mulleres, Mulleres e independencia, Sexo e lugar, Feministas e libertarias e Letras lilas. Foi alumna de Carballo Calero no Colexio Fingoi e na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa, o mesmo do que Carballo foi primeiro profesor. Sobre el, publicou Carballo Calero: política e cultura e prologou os seus ensaios Umha voz na Galiza. Estudou a súa figura e a súa poesía en Nais, damas, prostitutas e feirantas.

As súas obras

Conversas con Ricardo Carballo Calero
conversas-con-ricardo-carballo-calero
23.80€ CON IVE