Chiloé. Unha ollada compartida

José Luis Abalo

Precedido por "Chiloé", de Eduardo Blanco Amor

En 2006, o fotógrafo José Luis Abalo baixa do transbordador que une o territorio continental de Chile con Chiloé. Desde moitos anos antes, sentía a mesma fascinación por esa illa do Océano Pacífico que describe Eduardo Blanco Amor no seu libro Chile a la vista. Unha ollada compartida que das verbas do autor de A esmorga pasa ás fotografías deste libro. Unha paisaxe que, desde a pura intuición, semella a dunha Galicia austral. Verdes outeiros, campos cheos de xestas, pequenos golfos e enseadas facilmente asimilables a calquera ría galega. Leiras e praias onde as vacas pastan ceibas. Chiloé refíctese nas fotografías de Abalo co pulo de todas as xeografías arcanas que cómpre descifrar e onde conflúen liñas do tempo e horizontes. Os habitantes levan dentro de si a unión de América coas terras galegas dos seus devanceiros. Os mesmos nomes de lugar, idénticas miradas, semellantes anceios de progreso.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 100
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 21/11/2018
  • Colección : Reportaxe
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-252-3
  • Edición :
  • Nº na colección : 18
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Autor/a

Placeholder

Abalo, José Luis
 


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR