Estás aquí:

Código: 528

A casa xunto ao volcán

17,50  IVE INCLUIDO
II Premio Viadutos 2019
Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades físicas... E por riba, o traslado familiar de Ourense a Rianxo, onde terá que comezar de novo, onde terá que rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino: unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen. Esa é a maior aventura que se pode vivir na adolescencia, e Xeila empréndea, para sorpresa do profesorado, da súa nai e das súas amizades, incapaces de comprendela. O seu comportamento estraño, contraditorio, mesmo delitivo, é un reto que se impón a partir do pensamento de Nietzsche, estudado nunha das clases de Filosofía: construíde a vosa casa ao lado dun volcán. Un volcán que acabará modificando non só a vida de Xeila, senón a de todas as persoas que a presencian, e mesmo son sacudidas pola súa erupción.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 204
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 404
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-416-9
Observacións:

AUTORES/AS

Losada, Xosé Ricardo
2-Xose-Ricardo-Losada-©Tonio-Figueira-Losada-196x220

Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005 publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Fausti­no Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013), libro sobre a obra completa do crego poeta. Resultado deses traballos de investigación, deu ao prelo a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015) e en 2018 Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego. A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017. Con A casa xunto ao volcán gañou o Premio Viadutos de Novela 2019.

As súas obras

Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego
manuel-antonio
15.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE