Cartografías da narrativa galega contemporánea

Xaquín Núñez Sabarís

PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2019

O thriller xacobeo, a novela policial e a narcoficción son os casos singulares a partir dos que Xaquín Núñez Sabarís efectúa un percorrido pola cartografía da narrativa galega actual. Expresados a través da literatura, as artes escénicas, o cinema e a televisión, e con localización específica en Compostela, Vigo e as Rías Baixas. Tres casos e tres escenarios nos que se enfoca o método trasmedial e cartográfico adoptado, co que se facilita a análise da transformación dunha cultura. O eixo temporal, que broslaba o relato da nación, trasládase ao espacial, fragmentado o espazo simbólico da representación en unidades maís atomizadas. A cidade actual recolle, en esencia, o legado da tradición narrativa para redeseñar a organización xeoliteraria da Galicia contemporánea.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 22/06/2020
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-468-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 103
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso

Autor/a

xaquin-nunez-sabaris

Núñez Sabarís, Xaquín
é profesor titular da Universidade do Minho e membro do Centro de Estudos Humanísticos desta universidade e do Grupo de Investigación Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade de investigación, divulgada en libros e revistas científicas internacionais, céntrase nas novas narrativas (literarias e fílmicas), no estudo comparado da recepción teatral e montaxes escénicas nas literaturas ibéricas eno estudo e edición da obra de Valle-Inclán.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR