Bibliópatas e fobólogos

Emma Pedreira

Premio da Crítica Española de narrativa galega

Neste libro de Emma Pedreira hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor.

Un mollo de relatos, dende micros a máis longos, nos que a trama e o desenlace se adiviñan entre páxinas, entre lombos de volumes curiosos para xente así de curiosa: os biblíopatas e fobólogos. Libros polos que matar e polos que vivir.

Libros que dan a vida e a quitan. Personaxes nos lindes da razón que atopan na lectura, nas letras, nas semánticas máis estrañas, a súa razón de ser ou un motivo para mandar. Unha proposta literaria de Emma Pedreira, unha das autoras con máis proxección da literatura galega actual.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 27/02/2017
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-037-6
  • Edición :
  • Nº na colección : 358
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

dezanove-badaladasDezanove badaladasAnxo A. Rei Ballesteros
a-casa-do-terrorA casa do terrorXoán Curiel
os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra

Autor/a

emma-pedreira

Pedreira, Emma
A Coruña, 1978. É licenciada en Filoloxía Hispánica, poeta e narradora. Entre a súa ampla produción destacan os poemarios Xoguetes póstumos (2010), Libro das mentiras (2012) e s/t (2015). Como narradora, publicou varios libros e en 2016 gañou o Premio Narrativas Quentes que convoca Edicións Positivas co libro Corazón e demais tripas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR