Bágoa de Lúa

13,00€

mercar

Bágoa de Lúa

Sabela González

Primeiro libro da triloxía fantástica "AS CRÓNICAS DE LANDEREINA"

PREMIO II MUÍÑO DO VENTO 2014 AOS MELLORES TEXTOS DE CONTRAPORTADA
PREMIO FRAI MARTÍN SARMIENTO 2015

Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereia, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinatía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn avanza polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa e, con ela, co poder sobre Landereina.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 232
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2015-03-19
  • Colección : As crónicas de Landereina
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-487-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Fin de semana literaria2014-05-04 09:51:56

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Foto Sabela González

González, Sabela
Naceu en Burela en 1981 e non tardou moito en decidir que quería ser escritora. Mentres o soño agardaba entre ducias de cadernos, mudouse a Vigo e estudou tradución e máis un máster en edición.
Na actualidade, traballa na Universidade de Vigo e conseguiu o gran logro de atopar tempo e dedicalo ao que sempre quixo: escribor. Blogueira afeccionada, debuxante empedernida e poeta esporádica, comparte as súas creacións no blog Gramática de corpos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR