ám@me

Chis Oliveira

Amada Traba

Pensar o amor no século XXI

é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tyamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 352
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 23/11/2018
  • Colección : Feminismos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-263-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 3
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Autor/a

chis-oliveira-e-amada-traba-anxo-cabada

Oliveira Malvar, Chis
é catedrática de Filosofía. Doutórase coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Leva máis de trinta anos traballando estes temas con adolescentes e na formación do profesorado e do persoal sanitario. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais Federación de Planificación Familiar Estatal FPFE. Autora de numerosas publicacións sobre a materia, actualmente coordina o Comando Igualdade.

Autor/a

chis-oliveira-e-amada-traba-anxo-cabada

Traba Díaz, Amada
é licenciada en Ciencia Políticas e Socioloxía. Profesora da UVigo na materia de Socioloxía da Educación. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, nomeadamente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación. Máis aló desa ocupación, publicou "A representación feminina no arquvio Pacheco" (2010)


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR