Alma e o mar

Francisco X. Fernández Naval

Alma e o mar que cura as súas feridas impronunciables.

Alma que podería ser calquera muller que día a día se fixese forte ante as discriminacións. Alma que vai de Nova York á Costa da Morte para descubrirse a si mesma e aprender a esquecer. Mulleres fortes e valentes, loitadoras nun mundo hostil: Branda, Áurea, Nora, Silvia e Alma, tamén Alma. Mulleres que non se pregan, que se erguen de cada vez, unhas para reconstruír as vidas, outras para seguir. Vítimas de inxustizas, abusos, violencia verbal e física: laboral, xexual, social, familiar…
Alma e o mar é unha novela en que se tecen un thriller, a reivindicación feminista e o retrato dunha protagonista que non quere ser heroína e que nos amosa a afouteza dunha muller do noso tempo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 408
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/11/2017
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-086-4
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección : 367
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Fernández Naval

Fernández Naval, Francisco X.
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Traballa como funcionario da Administración. En poesía ten publicado libros como Pabellón habitado e en narrativa Tempo de crepúsculo. Participou tamén en libros colectivos como Caderno de viaxe no ano 1989. A súa última obra é Unha cita co aire.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR