poesia

12,20€

mercar

A poesía necesaria

Antonio García Teijeiro

Este texto nace da paixón dun profesor que é escritor, dun escritor que é profesor, dun poeta que lles aprende aos cativos que a poesía tamén é alimento.

Na primeira parte do libro asistimos a unha reflexión lúcida arredor da importancia da poesía, da palabra, das boas historias, da fantasía nas nosas vidas. Na segunda ofrécense técnicas concretas para traballar na aula a creación poética a partir de propostas lúdicas que permiten que calquera, se ten paixón, sexa quen de sacar de dentro uns cantos versos fermsos.

En definitiva, un libro que nace da experiencia e da paixón de moitos anos aprendendo a crear poesía nas clases e fóra delas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 124
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 17 x 24 cm
  • Data Publicación : 2014-04-11
  • Colección : Biblioteca de Intervención Social
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-212-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

A poesía é necesaria2010-01-11 10:02:10
Poesía sobre a poesía2010-02-04 13:12:02


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Autor/a

antonio-garcia-teijeiro-anxo-cabada

García Teijeiro, Antonio
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR